15.12.15

Entrevista a José Estévez López. Promotor del "Libro Colectivo de Homenaxe a Manuel María"



MANUEL MARÍA: LIBRO COLECTIVO DE HOMENAXE
© CARTEL PROMOCIONAL: José Estévez López

     
     José Estévez López (Lugo, 1954) es el promotor de la creación de un libro colectivo de homenaje a Manuel María que se publicará en el mes de mayo de 2016.

       Hemos tenido conocimiento de esta  interesante idea  a través de las redes sociales y en  el día de ayer hemos contactado con el promotor para conocer  algo más del proyecto.

      Aprovechamos para agradecerle que nos dedicará unos minutos para atendernos y compartimos con todos vosotros su respuesta.

P. ¿POR QUE PROMOVEU A PUBLICACIÓN DESTE LIBRO COLECTIVO DE HOMENAXE A MANUEL MARÍA?


      R. "En primeiro lugar porque a persoa e a obra do Manuel son merescentes desta e doutras moitas homenaxes e en segundo porque o ano 2016 é o seu ano nas nosas letras. Todo naceu cun proxecto, 100 POEMAS DE 100 POETAS PARA MANUEL MARÍA, pero rapidamente comprobei que era preciso amplialo tanto no número de participantes como no das expresións artísticas, dada a unánime adhesión que a súa figura estaba a conseguir.
     Non podo esconder que tamén me moveu o recordo da miña relación persoal co Manuel, unha persoa afable, comprensiva, cariñosa, dialogante e unha fonte de sabedoría onde as haxa. 
       Este libro foi confeccionado a partir dunhas bases mínimas que publiquei na páxina do evento que creei no facebook para este mester. Tratándose dun proxecto aberto a todas as persoas que tivesen interese en participar, a bon seguro que a información, polas limitacións propias deste tipo de actuacións, non chegou a todas e a todos os que estarían en disposición de deixar constancia do seu recoñecemento e admiración pola obra e persoa do Manuel, pero esas limitacións moitas veces son as que gobernan os proxectos e neste caso así foi así.
    COLABORA A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, imprimindo o libro e distribuindoo e está previsto que se publique para o mes de maio.



     Más información:

0 comments:

Publicar un comentario