25.3.16

Cospeito na obra de Manuel María




Poemiña aos cruceiros da Terra Chá

Cruceiros da miña terra:
¡faceis á pedra evanxeo,
vos desolada que berra
querendo chegar ao ceo!

Cruceiros desamparados,
tan soio luz e oración,
¡e non varales labrados
os símbolos da Paixón!

Cruceiros excepcionales:
¡sodes irmaos dos sartegos,
lanzales e orixinales,
dos camposantos chairegos!

¡Marabillosos cruceiros
feitos coa emoción humán
dos soños máis verdadeiros
dos canteiros de Román!


Terra Chá (1954)




0 comentarios:

Publicar un comentario