19.5.16

Percorrido por Cospeito da man da obra de Manuel María e Darío Xohán Cabana





Percorrido por Cospeito da man da obra de Manuel María e Darío Xohán Cabana.

(1º BAC)


PROGRAMA:

   Inícianos esta actividade visitando o Pobo de Colonización de O Arneiro (Muimenta, Cospeito)

O Arneiro

 
   Durante a visita trataremos de dar resposta as seguintes cuestións:

- ¿Que é un pobo de colonización?
-¿ Para que se crearon?
- ¿ Porque a poboación local se opoñía a súa creación?
- ¿Que beneficios aportaron a poboación local? O inicio dunha nova forma de ver a agricultura e a gandería pasándoas de ser una actividade de subsistencia a ser unha empresa.

    Algúns dos detractores: Manuel María. ¿Cales eran os seus argumentos?

    Algúns dos impulsores e grandes defensores:  Odón Fernandez Lavandera


Praderías de O Arneiro


    Posteriormente deixaremos atrás as grandes praderías de O Arneiro e adentarémonos na parroquia de Roás donde naceu Darío Xohán Cabana.


   Nesta zona veremos algúns dos elementos típicos do sistema tradicional de cultivo das terras na zona para o que dividían o terreo en agras e nelas alternaban de forma bianual de tres cultivos.
Tamén tentaremos atopar algunha pegada dalgúns dos protagonistas da obra de Darío Xohán Cabana e inda que non creemos que sexa moi posible que o Galván ou o Robinsón de auga doce se deixen ver o que si que poderemos é atopar a illa na que este último que moraba.

   Posteriormente dirixirémonos a vila de A Feira do Monte para visitar A Capela da Virxe do Monte, a que Manuel María lle adica varios poemas.


   E por último visitarase a A Lagoa de Cospeito. Nela observaremos gran cantidade de especies animais e vexetais e veremos como foron fonte de inspiración para outros poemas do autor o que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

0 comentarios:

Publicar un comentario