4.4.16

Visita Concello Oleiros Casa Museo Manuel María e Lagoa de Cospeito: 23 de abril de 2016

    VISITA Á CASA MUSEO MANUEL MARÍA E RUTA GUIADA POLA TERRA CHÁ.

APERTURA PRAZO INSCRIPCIÓN:  4 de abril

Máis Información e inscricións no Departamento de Cultura.
Centro Cultural A Fábrica. Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo (Oleiros)
Tel.: 981 610 000 Ext.: 4915 - 4916

       O día 23 de abril o Departamento de Cultura visitará á Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, espazo no que se alberga o conxunto do legado de Manuel María, lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e sede da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.


     Esta saída inclúe ademais unha ruta guiada pola Terra Chá e por diferentes espazos e contornos referentes en toda a vida e obra de Manuel María, e que comprende: itinerario pola beira do Miño ata a Carballeira de Santa Isabel, visita á área de lecer e miradoiro de Penas de Rodas e itinerario cultural e ornitolóxico pola lagoa de Cospeito. 
   A actividade está dirixida a público familiar, preferentemente maiores de idade, pero valorarase a posibilidade de participación de menores de idade, sempre e cando asistan acompañados/as dun adulto.
    O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 4 de abril e ofértanse un total de 30 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
Mais información:

0 comments:

Publicar un comentario