1.5.16

Día das Letras Galegas 2016: Manuel María


Carteles do"Día das Letras Galegas 2016"
Autobuses urbanos de Lugo
Mayo 2016


    Para más información sobre el autor puedes consultar la página oficial de su Casa Museo en Outeiro de Rei (Lugo), ubicado en su casa natal
Página oficial:

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/estaticas/presentacion.htm

Unidades didácticas:

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/recursos/categoriarecurso/unidades-didacticas.htm

Lagoa de Cospeito
Lagoa de Cospeito calada baixo o ceo
reflexabas o sol con brillos aceirados,
recollías na túa escusada intimidade
o paso das nubes e dos ventos,
o canto dos paxaros e a voz humana
riquísima, potente e prodixiosa.
Todo o tiñas gardado nos arquivos
secretos e misteriosos que posúes
nos eidos subacuáticos.
Ti, Lagoa,
meditabas, cantabas e soñabas cecais
con ser andoriña, labanco, labandeira
e erguer, graciosamente, o voo
perdéndote no azul purísimo da tarde
ata ser tan só un punto branco
fundido, confundido, diluído
coas nubes de neve e algodón.
¡Quen puidera, de novo regresar
á paz, á quietude e ás lembranzas
como ave que retorna ao niño seu
co peito ardendo de desexos
e os claros ollos cegados de infinito!


Poemas para dicirlle a dúas lagoas (1994)


Lagoa de Cospeito: no nome do proveito
levaron a túa auga, secaron o teu leito.
-Maldito sexa.
Lagoa de Cospeito: chegou o inimigo
e non descansou ata acabar contigo.
-Maldita sexa.
Lagoa de Cospeito: agora só lembranza,
quixeron converterte en campo de labranza.
-Maldito sexa.
Lagoa de Cospeito: aquel que te secou
que teña o mesmo fin que a ti che dou!
-Maldita sexa.

A semente da lagoa

A miña lagoa é a de Cospeito, deitada
ao pé da de A do Monte, rebrillando
como moeda enormísima de prata
ou milagreiro espello: debaixo
da súa delicada pel de vidro e lúa
agáchase un país de marabilla,
habitado por oucas, espadanas,
curriolas, cecais corais, ornando
os xardíns das cidades sulagadas
-Beria, Valverde, Lucerna luminosa-
que visitei con ollos asombrados
e o corazón ateigado de alegría.
Urbes encantadas: sementeivos
coa flor do sentimento sempre.
Tal semente froitificou en fantasías,
anceios, degaros, saloucos, soedades,
soños, melancolías e tristezas
que foron conformando pouco a pouco
o feble xunto amarelo que son eu.


Poemas para dicirlle a dúas lagoas (1994) 
Manuel María


Á Virxe do Monte, patrona da Terra Chá

Virxe do Monte, Raíña,
Patroa da Terra Chá:
¡Olla a soedade miña
que morro de señardá!

Eu algo teño no peito,
non debe ser cousa boa.
¡Téñote lonxe, en Cospeito,
con saudades da Lagoa...!

Estás ollando amorosa
con olliños de abelaira
a miña terra fermosa
na soedade da Chaira.

Eu estou lonxe, Señora,
agora vivo en Monforte.
¡E penso en ti cada hora,
miña estreliña do norte!


Terra Chá (1954)
Manuel María


Letras Galegas 2016:

     El sábado 4 de julio de 2015 la Real Academia Galega ha decidido que el autor homenajeado el Día das Letras Galegas 2016 sea Manuel María.

    Su candidatura llegaba avalada por Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana, Fina Casalderrey, Víctor Fernández Freixanes, Xosé Luis Regueira y Manuel Rivas.
    Durante su vida fue un gran defensor del humedal de Cospeito y una de las voces más críticas con las actuaciones que en él se llevaron a cabo por el INC.

    Desde nuestro blog queremos contribuir a la difusión de su obra, sobre todo entre los más jóvenes por lo que todas las visitas guiadas que se realicen A Lagoa de Cospeito si así lo solicitan, llevaran en la programación un apartado ( más o menos extenso) sobre ella, con especial atención a los textos que hacen referencia A Lagoa de Cospeito.

  Estamos recopilando y publicando enlaces a distintas partes de su obra que se encuentran disponibles en la red:



  • Fotomontaje: Poema Canto a Terra Chá de Adela Leiro.
  • Propuesta para visitar A Lagoa de Cospeito:
- Ruta 2: "Pola Lagoa de Cospeito"

Fuente: http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/user/ruta-lagoa-de-cospeito.pdf

(Es posible  visitar el humedal con guía y materiales: telescopios, prismáticos, guías de campo,...)

- Otros enlaces de interés:

 * VISITA VIRTUAL A LA CASA MUSEO MANUEL MARÍA:

https://www.youtube.com/watch?v=uYh6AwFuSKI

*DOCUMENTAL SOBRE MANUEL MARÍA:


* OTROS ENLACES DE INTERÉS

    Visitas de grupos a la CASA MUSEO y A LAGOA DE COSPEITO
       Programa de algunos grupos que ya han visitado estos dos lugares en una sola jornada:

- Grupos escolares:
- (Casa Museo Manuel María  y Lagoa de Cospeito)


-http://lagunadecospeito.blogspot.com.es/2015/11/programa-visita-ceip-4-de-primaria.html

- (Casa Museo Manuel María , Lagoa de Cospeito y Lugo Patrimonio de la Humanidad: Camino Primitivo, Catedral de Santa María y Muralla Romana

-http://lagunadecospeito.blogspot.com.es/2015/12/programa-visita-ie-s-coruna-2-bac-16-de.html

- Ruta de sendeirismo en Outeiro de Rei:

(Ruta de senderismo en Outeiro de Rei visitando Penas de Rodas. Despúes visita a la Casa Museo Manuel María y A Lagoa de Cospeito)


  

(Nota:
     He tenido el placer de conocerle personalmente, y en año el 2000 formé parte del equipo organizador de la 1ª Edición del “Día das Letras Chairegas” en el este autor fue homenajeado. Este acto se celebro en el I. E. S. da Terra Cha "José Trapero Pardo" . Castro Riberas de Lea)

M. Rodríguez

Lagoa de Cospeito Lugo
Día das Letras Galegas 2016: Manuel María

0 comentarios:

Publicar un comentario