7.10.16

6:00 a. m. - 0 comentarios

Concurso Día dos Bosques Autóctonos:






















         
    (Pista: O cranio foi localizado o día 6 de outubro de 2.016 nas inmediacións da senda perimetral da Lagoa de Cospeito e polo tanto pertence a unha das especies presentes neste espazo natural)

                                             ¿A que especie pertencen?

     Identifícaa e gana unha visita guiada A Lagoa de   Cospeito. 
     ( Poden participar nen@s entre 3 e 18 anos  co permiso d@ nai/pai)
     (Se estudas nun colexio de fora de Galicia a ficha pódese escribir en castelán)

    Nos bosques de Galicia viven moitas especies de árbores, fungos, aves e  tamén algunhas especies de mamíferos.

      Identifica a que especie pertence este cranio e elabora unha pequena ficha en formato pdf que conteña alomenos :
- o nome científico, o galego, o castelán e o inglés da mesma, 
- unha fotografía da especie, 
- un esquema das pezas dentais,
- unha fotografía ou debuxo das pegadas que deixa 
- e un breve descrición da especie (mínimo 2 e máximo 3 páxinas) e remitíao o seguinte enderezo:
lagunadecospeito@hotmail.com

    A persoa que nos remita a primeira ficha obterá como premio unha visita guiada- acompañado da súa familia-  a Lagoa de Cospeito. Na mesma poderá utilizar para a observación da fauna prismáticos e telescopios profesionais.

  Tamén pode optar por compartir o premio ca súa clase. (Inclúe monitor, préstamo de ata 5 uds de prismáticos profesionais para usar polo grupo e Seguro RC para a actividade)

    A visita celebrarase no mes do novembro de 2.016 coincidindo cos actos de Celebración do Día dos Bosques Autóctonos


0 comentarios:

Publicar un comentario