28.11.16

Taller de cogomelos en fotos


Taller de cogomelos:
Datas e horarios:



Sábado, día 10 de decembro de 15.30 h a 17.30 h

- Localización, identificación e fotografía. 

Actividades para tódolos públicos.


    
    Para grupos escolares tódolos días de decembro previa reserva (mentres abunden)

    A actividade podese facer en galego, en castelán ou en ambolos idiomas

    Os fungos silvestres son un recurso natural cada día máis valorado pola súa importancia ecolóxica,  gastronómica e lúdico-turística o que  os sitúa como un dos produtos forestais con maior potencial de crecemento nos vindeiros anos.

  En Galicia non existe tradición de consumo de cogomelos excepto nalgunhas áreas moi concretas da Comunidade, inda que nos últimos anos aumentou a recollida principalmente con fins comerciais.

    Idioma: galego ou castelán.

    O obxectivo deste taller é acercar os alumn@s ao mundo dos cogomelos.


  O número de especies a tratar e a complexidade das explicacións determinarase en cada caso en función do nivel dos partipantes.

  A metodoloxía de traballo partira dunha explicación teórica de duración variable por parte do docente da actividade (que se poderá facer incluso no propio colexio) e unha saída o campo para localizar e identificar as principais especies que se atopen.


























(Pode consultar as fichas das distintas especies na nosa Aula Virtual:

0 comentarios:

Publicar un comentario