1.6.17

6:59 a. m. - 0 comentarios

Concurso de refráns biblioteca do CEIP Plurilingüe de Frións



Fotografía do cuco

© Fotografía: Eugenio García Cabellos
                                         (Gracias pola foto)

@s nen@s na biblioteca traballando sobre ela

© Fotografías: Biblioteca do CEIP Plurilingüe de Frións 
   (Gracias pola foto)

     No mes de maio de 2.017 a biblioteca do CEIP Plurilingüe de Frións convocou un concurso sobre refráns en galego.

   Como neses días se conmemoraba o Día Mundial das Aves Migratorias decidimos presentar este refrán "entre marzo e abril, sae o cuco do cubil, e entre San Xoán e a sega, marcha o cuco para a súa terra" ilustrado cunha das fotos que nos cedeu Eugenio para o noso blog.

   E cal non e a nosa sorpresa que nos acaban de comunicar que somos os gañadores do mesmo. O feito de que a votación para escoller o mellor se fixera a través de facebook aumenta a nosa satisfacción pois iso significa que lle gustou a un público máis heteroxéneo que o que pode puntuar utilizando outros métodos.

Graciñassss!

0 comments:

Publicar un comentario