8.4.16

Visita I. E.S “Lama das Quendas” Chantada: 8 de abril de 2016


Alumnos do IES "Lama das Quendas" Chantada


Visita I. E.S “Lama das Quendas” Chantada: 8 de abril de 2016

     O 8 de abril  os alunm@s de 3º da ESO e 3ª de PMAR visitaran  A Lagoa de Cospeito dentro dunha actividade organizada polo departamento de Lingua Galega, que lles levará a recorrer unha boa parte de A Terra Cha.


   Visitaran  entre outros lugares Mosteiro, San Salvador de Fonmiña (A Pastoriza), A Lagoa de Cospeito e A Capela da Virxe do Monte (Cospeito), a Área Recreativa de Santa Isabel  e como colofón da xornada a Casa Museo Manuel María (Outeiro  de Rei)

    Tódolos participantes deberán traer calzado cerrado impermeable e pantalón largo
(Estas indicacións son comúns para as visitas de todo o ano)

Programa:


   En consonancia coa programación da asignatura de Bioloxía e Xeoloxía, a visita centrarase en acercar os participantes a recuperación e a conservación  do medio natural do cal  A  Lagoa de Cospeito é, no seu conxunto un moi bo exemplo.

     A actividade consistira nunha explicación introdutoria na que se expoñerá a evolución histórica do humidal, os usos tradicionais e usos actuais do mesmo en consonancia cas figuras legais que o protexen na actualidade.

    Falaráselles tamén  da contaminación que afecta  as masas de auga, en particular a producida  polas  EDAR, o uso non axeitado  de  fitosanitarios e outras  problemáticas que afectan aos humidais: as plantas invasoras e as especies alóctonas.

Ulizando el telescopio
    Posteriormente recorrerase a senda perímetral para tentar localizar o maior número posible de especies vexetais e animais. Dos que non se poidan ver encontaranse rastros, plumas, egragrópilas, etc
Observando la fauna

Máis información:

http://www.edu.xunta.es/centros/ieslamaquendas/system/files/2016_04_08%20Terra%20Cha%20e%20Casa%20Museo%20Manuel%20Mar%C3%ADa.pdf

0 comments:

Publicar un comentario