VISITA Á CASA MUSEO MANUEL MARÍA E RUTA GUIADA POLA TERRA CHÁ.
APERTURA PRAZO INSCRIPCIÓN: 4 de abril
Máis
Información e inscricións no Departamento de Cultura.
Centro
Cultural A Fábrica. Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo
(Oleiros)
Tel.:
981 610 000 Ext.: 4915 - 4916
O
día 23 de abril o Departamento de Cultura visitará
á Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, espazo no que se
alberga o conxunto do legado de Manuel María, lugar de referencia
para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e sede
da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
Esta
saída inclúe ademais unha ruta guiada pola Terra Chá e por
diferentes espazos e contornos referentes en toda a vida e obra de
Manuel María, e que comprende: itinerario pola beira do Miño ata a
Carballeira de Santa Isabel, visita á área de lecer e miradoiro de
Penas de Rodas e itinerario cultural e ornitolóxico pola lagoa de
Cospeito.
A
actividade está dirixida a público familiar, preferentemente
maiores de idade, pero valorarase a posibilidade de participación de
menores de idade, sempre e cando asistan acompañados/as dun adulto.
O
prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 4 de abril e ofértanse
un total de 30 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no
Concello de Oleiros.
Mais información:
0 comments:
Publicar un comentario