6:59 a. m. -
0 comentarios
Concurso de refráns biblioteca do CEIP Plurilingüe de Frións
Fotografía do cuco
© Fotografía: Eugenio García Cabellos
(Gracias pola foto)
|
@s nen@s na biblioteca traballando sobre ela |
© Fotografías: Biblioteca do CEIP Plurilingüe de Frións
(Gracias pola foto)
No mes de maio de
2.017 a biblioteca do CEIP Plurilingüe de Frións convocou un
concurso sobre refráns en galego.
Como neses días se
conmemoraba o Día Mundial das Aves Migratorias decidimos presentar
este refrán "entre marzo e abril, sae o cuco do cubil, e entre
San Xoán e a sega, marcha o cuco para a súa terra" ilustrado
cunha das fotos que nos cedeu Eugenio para o noso blog.
E cal non e a nosa
sorpresa que nos acaban de comunicar que somos os gañadores do
mesmo. O feito de que a
votación para escoller o mellor se fixera a través de facebook
aumenta a nosa satisfacción pois iso significa que lle gustou a un
público máis heteroxéneo que o que pode puntuar utilizando outros
métodos.
Graciñassss!
0 comments:
Publicar un comentario