21.12.22

8:40 a. m. - 0 comentarios

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2.023: Francisco Fernández del Riego

     Durante a ditadura as iniciativas que tentaban recuperar a identidade de Galicia eran emprendedoras e diversas pero tiñan que facer fronte a nula colaboración política e a desorganización que presentaba o sector intelectual galeguista tanto no exilio coma no propio país. neste contexto e de loar o éxito acadado por unha proposta a priori ben sinxela, que resultou moi efectiva vendo a continuade que tivo no tempo. Foi presentada diante da Real Academia Galega por D. Francisco Fernández del Riego, D. Manuel Gómez Román e D. Xesús Ferro Couselo- a iniciativa do primeiro-: celebrar, celebrarmos, un Día das Letras Galegas no que se puidesen honrar e dar a coñecer as obras dos nosos autores e autoras máis importantes.

   Francisco Fernández del Riego escolleu o 17 de maio xa que é a data que figura na adicatoria a Fernán Caballero en Cantares Gallegos, a nosa primeira obra moderna.


Máis información:

- Historia das Letras Galegas

- Entrevista

0 comments:

Publicar un comentario