15.5.26

12:00 a. m. - 1 comentario

O roteiro do xílgaro: 17 de maio. Día das Letras Galegas 2026


   PROXIMA DATA: 31 de maio.

Programa en elaboración. Plazas dispoñibles



 Na Lagoa de Cospeito, falar das aves na lingua propia fai que o roteiro sexa máis auténtico para os visitantes galegofalantes: conserva lingua e cultura, protexe a biodiversidade transmitindo coñecemento tradicional, fortalece a identidade local e fai máis próxima a natureza de Galicia.  

 Os nomes tradicionais das aves forman parte do patrimonio cultural de Galicia: xílgaro, miñato, lavandeira, paporrubio, tartaraña, avefría… Moitos destes nomes conserváronse durante séculos grazas á xente do rural, pescadores, cazadores e naturalistas locales e é preciso manter o seu uso: nomes de aves, plantas, fenómenos meteorolóxicos e hábitats: por exemplo: carrizal, braña, xunqueira, lameiro, turbeira, … Usar o galego axuda a manter viva a lingua ligada ao territorio, achega a natureza ao visitante e crea vínculo emocional co territorio.

 O ecoturismo en galego crea unha experiencia diferenciada: máis vinculada á Terra Chá e á cultura galega, menos artificial, e máis respectuosa co territorio.


Programa:

Amencer  – 09:00 : chegada e primeira observación. 

Mellor momento para: ver máis actividade das aves, luz suave menos vento para a fotografía.

09:00 – Fotografía desde o observatorio de fauna

10:30 – Paseo interpretado polos outros observatorios e  contorna.

Flora e outra fauna


Algunhas das especies que se posiblemente se observaran:










































 Aves acuáticas e palustres

  • Lavanco real (Anas platyrhynchos)

  • Galiña de auga (Gallinula chloropus)

  • Galiñola negra (Fulica atra)

  • Garzota grande (Ardea alba)

  • Garza real (Ardea cinerea)

  • Cirrio común (Apus apus)

  • Andoriña común (Hirundo rustica)

  • Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)

Aves rapaces

  • Tartaraña das xunqueiras occidental (Circus aeruginosus)

  • Miñato negro (Milvus migrans)

  • Buxato común (Buteo buteo)

  • Lagarteiro común (Falco tinnunculus)

Aves forestais

  • Peto ibérico (Picus sharpei)

  • Peto real (Dendrocopos major)

  • Gaio euroasiático (Garrulus glandarius)

Outras aves

  • Ferreiriño común (Cyanistes caeruleus)

  • Ferreiriño real (Parus major)

  • Folosa ibérica (Phylloscopus ibericus)

  • Rousinol común (Luscinia megarhynchos)

  • Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla)

  • Estreliña riscada (Regulus ignicapilla)

  • Carrizo europeo (Troglodytes troglodytes)

  • Estorniño negro (Sturnus unicolor)

  • Tordo común (Turdus philomelos)

  • Merlo común (Turdus merula)

  • Paporrubio europeo (Erithacus rubecula)

  • Cardeal europeo (Pyrrhula pyrrhula)

  • Xílgaro (Carduelis carduelis)

  • Pimpín común (Fringilla coelebs)

  • Verderolo común (Chloris chloris)

  • Xirín europeo (Serinus serinus)

  • Lavandeira branca (Motacilla alba)

  • Rula europea (Streptopelia turtur)

  • Pomba torcaz (Columba palumbus)

  • Corvo pequeno(Corvus corone)

  • Cuco común (Cuculus canorus)

  • Bubela (Upupa epops)



1 comentario:

  1. Fomos onte con motivo das Letras Galegas. A actividade estivo moi ben organizada. Chamoume especialmente a atención a maneira de explicar as aves e os ecosistemas, facendo todo moi accesible e entretido e chamando a atención dos meus fillos dende o primeiro momento. Grazas aos prismáticos e ás explicacións puidemos identificar especies como garzas, cormoráns, lavancos e localizar nas sebes lindeiras moitos paxariños como o paporroibo, merlos, ferreiriños. Tamén foi moi interesante aprender a observar sen molestar á fauna e comprender a importancia destes espazos naturais para as aves migratorias. Comenos na pizeria do pobo todo un acerto, pero recomendase reservar porque estaba a tope inda que xa no lo aconsellerán o facer a reserva na ruta.

    ResponderEliminar